Ciberseguridade para empresas

Firewall

Todos os nosos centros de datos ofrecen diversas tecnoloxías de firewall da man dos fabricantes líderes en materia de seguridade como Fortinet ou Hillstone.

A primeira liña de defensa
para a túa empresa

Crucial para protexer os activos dixitais e a información confidencial da túa empresa.

Políticas de seguridade

Define e aplica regras específicas que regulan o tráfico da rede da túa empresa, asegurando que só se permitan as comunicacións seguras e autorizadas.

Control de aplicacións

Identifica e xestiona o uso de aplicacións dentro da rede, bloqueando aquelas que se consideren perigosas ou non produtivas.

Xestión de accesos remotos

Facilita conexións seguras para empregados remotos para garantir un acceso seguro aos recursos da túa rede empresarial.

Protección ante Malware e Ataques DDoS

Proporciona unha barreira robusta contra software malicioso e ataques de denegación de servizo, protexendo a infraestrutura crítica da empresa.

Políticas de prevención de perda de datos

Axuda a previr a fuga de información confidencial mediante a inspección e o control do tráfico de datos, asegurando que a información sensible permaneza dentro da rede segura.

Monitorización e rexistro de eventos

Ofrece unha visión detallada da actividade da rede mediante a recompilación e a análise de logs, permitindo a detección temperá de actividades sospeitosas ou non autorizadas.

O que din de nós

Smartic
máis ciberseguridad

Eyesight

Realizamos un informe de recompilación de datos confidenciais dispoñibles na internet. Esta análise é completamente gratuíta e non é intrusiva, só utilizamos un dominio para realizala.

Análise de vulnerabilidades

Os equipos de seguridade poden detectar fendas, puntos débiles ou unha vulnerabilidade en calquera parte do sistema, a rede ou as aplicacións web.

Backup recovery

Protexe os datos da túa empresa xa sexa nos equipos, nun servidor ou en contornas cloud.

Tránsito antiddos

Deseñada para a infraestrutura de rede complexa, o tránsito antiddos ofrece unha protección incomparable contra ataques.

Queres impulsar a ciberseguridade da túa empresa